Sidney Altman, nado en Montreal, Quebec (Canadá) o 7 de maio de 1939 e finado en Rockleigh, Nova Jersey, o 5 de abril de 2022,[1] foi un biólogo molecular canadense-estadounidense,[2] gañador do premio Nobel de Química de 1989.

Traxectoria

Obtivo a súa licenciatura en física no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) en 1960, pasou 18 meses como estudante de gradación en física na Universidade de Columbia e despois obtivo o doutoramento en bioquímica da Universidade de Colorado en 1967.

Xunto a Thomas Cech recibiu o premio Nobel de Química polo descubrimento das propiedades catalíticas do ácido ribonucleico (ARN). Ambos os investigadores da Universidade Yale demostraron que o ARN é o soporte químico da herdanza, intervindo nas reaccións químicas que posibilitaron a aparición da vida na terra.

Desde 1971, foi profesor de bioloxía na Universidade Yale.

Notas

  1. Laurans, Penny (6 de abril de 2022). "Sidney Altman, pathbreaking scientist". YaleNews. Consultado o 6 de abril de 2022.
  2. James, Laylin K., ed. (1994). Nobel Laureates in Chemistry, 1901–1992. American Chemical Society and Chemical Heritage Foundation. p. 737. ISBN 0-8412-2459-5. Consultado o 11 de setembro de 2011.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Hartmut Michel,
Johann Deisenhofer e Robert Huber
Premio Nobel de Química

1989
con
Thomas Cech
Sucesor:
Elias James Corey