A Biblioteca Nacional da Dieta (国立国会図書館 Kokuritsu Kokkai Toshokan?) estableceuse no Xapón en 1948 como parte da Dieta do Xapón para labores de administración pública. Esta biblioteca é a única biblioteca nacional do país, e ten dúas instalacións principais en Tokyo e Kyoto, xunto con outras sucursais menores noutras cidades do país.
Historia
Inaugurouse en xuño de 1948 cunha colección inicial de 100 000 volumes. O primeiro encargado desta organización foi o político Tokujirō Kanamori, mentres que o filósofo Masakazu Nakai serviu como segundo ao cargo. En 1949 a biblioteca fusionouse coa Biblioteca Nacional, previamente denominada Biblioteca Imperial, converténdose na única biblioteca nacional do Xapón.[1]
Notas
- ↑ "Kokuritsu Kokkai Toshokan shōshi" (en xaponés). Kokuritsu Kokkai Toshokan. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2011. Consultado o 13 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina web oficial (en xaponés) (en inglés)
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. |