Martin Chalfie, nado o 15 de xaneiro de 1947 en Chicago, Illinois (USA), é un científico estadounidense galardoado, xunto co estadounidense Roger Y. Tsien e o xaponés Osamu Shimomura, co Premio Nobel de Química do ano 2008 polo descubrimento e desenvolvemento da proteína fluorescente verde (GFP).

Estudos científicos

Chalfie graduouse na Universidade Harvard e é profesor de bioloxía na Universidade de Columbia.[1] O laboratorio de Chalfie utiliza ao nematodo Caenorhabditis elegans (C. elegans) para investigar o desenvolvemento e funcionamento das neuronas. publicou máis de 200 artigos.[2]

Mentres traballaba no LMB en 1984 publicou un influente artigo «The Neural Circuit for Touch Sensitivity in C. Elegans», xunto a John Sulston e Sydney Brenner.[3]

Chalfie foi o primeiro que logrou introducir a GFP noutros organismos, nos cales a proteína tamén emitiu a fluorescencia.[4]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Gerhard Ertl
Premio Nobel de Química

2008
con
Osamu Shimomura e Roger Y. Tsien
Sucesor:
Venkatraman Ramakrishnan,
Thomas A. Steitz
e
Ada Yonath,