

O gravado[1] ou gravura[2] é a arte de converter (e tamén a transformación en si) unha superficie plana nunha matriz que serve de punto inicial para a reprodución dunha imaxe.
O gravado (que literalmente é facer unha incisión) faise normalmente sobre metal ou sobre madeira (xilografía). Mediante o proceso de gravar obtense unha matriz que se utilizará para estampar, normalmente sobre papel ou tea, e obter o que comunmente se chama "gravado" pero que especificamente é unha estampa. Este proceso permite obter varios exemplares dunha mesma matriz, aínda que cada unha das estampas ou copias é unha obra única. Segundo a técnica ou material usados, poden ser:
- Gravado en relevo (xilografía, linoleografía...)
- Gravado en oco (buril, punta seca, maneira negra, augaforte, augatinta, verniz brando...)
- Gravado planográfico (litografía, serigrafía...)
Notas
Véxase tamén
- Arte
- Debuxo
- Debuxo técnico
- Historia do debuxo técnico
- Estampa Popular Galega
- Estampa xaponesa
- Gravados ou gravuras rupestres
- Gravador xefe da Royal Mint
- Gravador xefe da Casa da Moeda dos EUA
- Gravador xeral de moedas de Francia
- Goiva ou gubia
- Ilustración
- Ilustración científica
- Libro ilustrado
- Papel moeda (impreso mediante técnicas de gravado)
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |