Europeana é un repositorio cultural a nivel europeo.[1]
Iniciativa da Unión Europea, é financiada pola European Union’s Connecting Europe Facility e os Estados membros da Unión Europea. Os servizos prestados son operados por un consorcio liderado pola Fundación Europeana baixo un contrato de servizo coa Comisión Europea.[1]
A 27 de marzo de 2019 daba acceso a 58 207 042 arquivos dixitalizados[2] —libros, música, material gráfico etc.— de coleccións culturais europeas, dispoñendo de ferramentas de procura propias. As diversas coleccións que compoñen o conxunto tamén teñen de xeito interno galerías multimedia, blogs e exposicións ad hoc.
Notas
- 1 2 "Te damos la bienvenida a Europeana Collections". Europeana Collections (en castelán). Consultado o 2019-03-27.
- ↑ "Europeana Collections". Europeana Collections (en castelán). Consultado o 2019-03-27.