Os bicontos ou Bikonta son organismos eucariotas formados por células con dous flaxelos desenvolvidos segundo un proceso único [1]. É un dos dous grandes clados dos eucariotas; o outro son os Unikonta. Outro trazo compartido polos Bikonta é a fusión de dous xenes de encimas nun só xene, que son os xenes para a timidilato sintase (TS) e a dihidrofolato redutase (DHFR), que codifican unha soa proteína con dúas funcións (Cavalier-Smith, 2006). Estes xenes tradúcense por separado nos Unikonta.
Algunhas investigacións suxiren que un Unikonta (unha célula eucariota cun só flaxelo) foi o antepasado de Opisthokonta e Amoebozoa, entanto que un Bikonta o foi de Archaeplastida, Excavata, Rhizaria, e Chromalveolata (que inclúe Chromista e Alveolata). Cavalier-Smith suxeriu que os Apusozoa, que tipicamente son considerados incertae sedis (de clasificación insegura), son, de feito, Bikonta.
As relacións entre os Bikonta non están aínda claras. Cavalier-Smith agrupou os Excavata e Rhizaria no grupo Cabozoa e os Archaeplastida e Chromalveolata no grupo Corticata, pero outros estudos suxeriron que os Rhizaria e Chromalveolata forman un clado.[2]
A seguiente árbore filoxenética mostra as relacións entre os principais grupos de Eukarya de acordo coas ideas de Cavalier-Smith.[3][4]
Notas
- ↑ Burki F, Pawlowski J (outubro de 2006). "Monophyly of Rhizaria and multigene phylogeny of unicellular bikonts". Mol. Biol. Evol. 23 (10): 1922–30. DOI:10.1093/molbev/msl055. PMID 16829542. http://mbe.oxfordjournals.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=16829542.
- ↑ Burki F, Shalchian-Tabrizi K, Minge M, Skjæveland Å, Nikolaev SI; et al. (2007). Butler, Geraldine, ed. "Phylogenomics Reshuffles the Eukaryotic Supergroups". PLoS ONE 2 (8: e790): e790. PMC 1949142. PMID 17726520. doi:10.1371/journal.pone.0000790.
- ↑ Thomas Cavalier-Smith (2006). "Protist phylogeny and the high-level classification of Protozoa". European Journal of Protistology 39 (4): 338–348.
- ↑ Alexandra Stechmann and Thomas Cavalier-Smith (2003). "The root of the eukaryote tree pinpointed". Current Biology 13 (17). PMID 12956967.