Acontecementos
Asia
- Creación do reino de Nanzhao por Piluoge, na China, no que hoxe é a provincia de Yunnan.
Europa
- Transamundo II, duque de Spoleto ocupa a cidade de Gallese, cortando o paso entre Roma e Rávena.
- Os árabes toman a cidade de Avignon, no sur da Galia, coa axuda de Maucontio; desde aí estenden as súas correrías por Aquitania e até Lión.
- Carlos Martel sitia Avignon, tómao dos árabes e masacra a poboación que é saqueada. Asedia posteriormente Narbona, tamén en mans musulmás, mais non é quen de tomala. Os seus exércitos saquean outras cidades antes de tornar para Austrasia.
- O mordomo de palacio franco, Carlos Martel, morto o rei Teodorico IV, goberna sen rei a quen render contas (até 741).
- Fávila accede ao trono do nacente reino de Asturias, sucedendo a seu pai Paio.
Nacementos
Mortes
- Paio, rei de Asturias.
- Teodorico IV, rei dos francos.