Yves Chauvin, nado Menen, Bélxica, o 10 de outubro de 1930 e finado o 28 de xaneiro de 2015, foi un químico galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2005.

Traxectoria

De cativo trasladouse cos seus pais, de nacionalidade francesa, á cidade de Tours. Estudou química na Escola Superior de Química, Física e Electrónica de Lión, onde se gradou en 1954. En 1960 uniuse ao Instituto Francés do Petróleo como enxeñeiro investigador en termodinámica e cinética aplicada. Conduciu a unidade de catálise homoxénea antes de converterse en director da investigación.

En 2006 Chauvin ostentaba o cargo de director honorario de investigacións no Instituto Francés do Petróleo en Ruel-Malmaison, preto de París, onde por outra banda é membro da Academia de Ciencias Francesa.

Investigacións científicas

Autor de moitas publicacións no campo da síntese orgánica, especialmente en metátese, a oligomerización e a polimerización, partillou no 2005 o Premio Nobel de Química con Richard R. Schrock e Robert H. Grubbs polo seu traballo a principios dos anos 1970 sobre o desenvolvemento do método de metátese olefínica en síntese orgánica sobre os alquenos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Aaron Ciechanover,
Avram Hershko
e
Irwin Rose
Premio Nobel de Química

2005
con
Robert H. Grubbs,
Richard R. Schrock
Sucesor:
Roger D. Kornberg