Warp Records é un selo discográfico independente inglés. Foi fundado en Sheffield no ano 1989 polos traballadores dunha tenda de discos Steve Beckett e Rob Mitchell, e o produtor Robert Gordon.[1] No presente está baseada en Londres.

Na década dos 90 a etiqueta asociouse a estilos electrónicos experimentais como a intelligent dance music, e serviu de fogar para varios influentes e aclamados músicos electrónicos, como Aphex Twin, Boards of Canada, LFO, The Black Dog e Autechre. No presente conta con artistas como Flying Lotus, Rustie, Oneohtrix Point Never, Danny Brown, Grizzly Bear, Brian Eno, TNGHT e Kelela.[2]

Notas

  1. Southern, Richard (abril de 2003). "Label of Love: WARP". X-RAY (Swinstead Publishing).
  2. "Artists". Warp Records. Consultado o 4 de agosto de 2018.

Véxase tamén

Ligazóns externas