A VG-4.2 ou Vía de Alta Capacidade AG-41 (Saída 7)-Cambados[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades dos Coutos (Ribadumia) e Cambados; atravesa os concellos de Ribadumia e Cambados. Ten unha lonxitude de 4,50 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AG-41 nos Coutos (Ribadumia) e finaliza nun cruzamento coa VG-4.3 en Cambados.
Percorrido
Iniciada na rotonda da ligazón da saída 7 da autovía do Salnés, AG-41, con outro acceso á estrada EP-9405 ao lugar da Gándara (concello de Meis pola dirección norte) e outro ao lugar de Cabeza de Boi (mesmo concello pola dirección sur). Seguindo cara ao oeste chegando á rotonda da estrada EP-9305, con dirección ao norte á parroquia de Barrantes (concello de Ribadumia) e dirección ao sur ao lugar da Bouza (concello de Meaño), seguindo ata o viaduto sobre o río Umia duns 80 metros e remata na rotonda da VG-4.3 cos accesos ao oeste cara á estrada PO-550 a Cambados e ao leste cara á estrada PO-300 ao Mosteiro (concello de Meis).
Historia
As primeiras obras iniciaron en agosto de 1996[3] e foi inaugurado un pouco máis dun ano despois, en setembro de 1997.[4] Permitindo para atravesar a Cambados e desconxestionar o tráfico da estrada autonómica PO-300 desde o Nó de Curro como ramal directo desde a autovía AG-41 a Cambados co aforro duns 11,6 quilómetros de rodeo a través de varias travesías como O Mosteiro, Portarís, Piñeirón ou o polígono industrial do Salnés.
Treitos
| Denominación | Treito | Kms | Ano servizo |
|---|---|---|---|
| VG-4.2 | AG-41 Os Coutos - VG-4.3 Cambados | 4,7 | 1997[4] |
Notas
- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "Cuiña dice que pactará con los alcaldes la red de comunicaciones de O Salnés". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 14 de agosto de 1996.
- 1 2 "Fraga supedita el desarrollo de O Salnés al de la red de comunicaciones viarias". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 1997.