Víznar é unha localidade e concello español da provincia de Granada. Está na parte central da Vega de Granada, a uns nove quilómetros da cidade de Granada. A súa superficie é de 13 km². Atópase a unha altitude de 1050 metros.

Foi entre esta localidade e a veciña de Alfacar onde o escritor Federico García Lorca foi asasinado en 1936.[1]
Demografía
Segundo o INE, no ano 2024 tiña unha poboación de 997 habitantes.
Política
Os resultados en Víznar das eleccións municipais, celebradas en maio de 2015, son:[2]
| Eleccións municipais de 2015 en Víznar | |||
|---|---|---|---|
| partido político | votos | % válidos | concelleiros |
| IU-AS-Víznar Para la Gente (PG) | |||
| Partido Popular (PP) | |||
| Partido Socialista Obrero Español (PSOE) | |||
Cidades irmandadas
España Fuente Vaqueros, España (localidade na que naceu Federico García Lorca)
Notas
- ↑ Patronato de Turismo de Granada Historia (en castelán).
- ↑ Elecciones Municipales 2015. Víznar Arquivado 07 de febreiro de 2019 en Wayback Machine. TVE.
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina web do concello de Víznar (en castelán).
- Wiki Granadapedia (GFDL) (en castelán).