Utomlyonnye solntsem (en ruso: Утомлённые солнцем) é un filme ruso de 1994 dirixido por Nikita Mikhalkov e escrito por Rustam Ibragimbekov. O filme describe a historia dun oficial do Exército Vermello, interpretado por Mikhalkov, e a súa familia durante a Gran Purga da Unión Soviética stalinista. Tamén está protagonizado por Oleg Menshikov, Ingeborga Dapkūnaitė e a filla de Mikhalkov, Nadezhda Mikhalkova.

O filme acadou un alto grao de popularidade en Rusia e unha acollida positiva nos Estados Unidos. Conseguiu o Gran Premio no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1994 e o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, entre outros galardóns.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas