True North é o décimo sexto álbum de estudio da banda estadounidense de punk rock Bad Religion, publicado a travñes do selo Epitaph Records o día 22 de xaneiro do 2013. Despois de xirar para promover o seu anterior traballo, The Dissent of Man (2010), Bad Religion comezou a compoñer material novo para un disco planedado para o ano 2012. Durante a súa xira do 2011, o líder da banda Greg Graffin afirmou que Bad Religion faría "un disco máis e despois todos eles uniríanse á Mariña, para facer un traballo honrado", o que levou á especulación de que a banda se separaría. As sesións de gravación tiveron lugar en xullo e agosto do 2012 en Joe's House of Compression, un estudio propiedade de Joe Barresi, que produciu o álbum.
Listaxe de cancións
| N.º | Título | Escritor(es) | Duración | ||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. | "True North" | Graffin | 1:56 | ||||||
| 2. | "Past Is Dead" | Graffin | 2:39 | ||||||
| 3. | "Robin Hood in Reverse" | Gurewitz | 2:53 | ||||||
| 4. | "Land of Endless Greed" | Graffin | 1:53 | ||||||
| 5. | "Fuck You" | Graffin | 2:14 | ||||||
| 6. | "Dharma and the Bomb" | Gurewitz | 2:00 | ||||||
| 7. | "Hello Cruel World" | Gurewitz | 3:50 | ||||||
| 8. | "Vanity" | Gurewitz | 1:01 | ||||||
| 9. | "In Their Hearts Is Right" | Graffin | 1:59 | ||||||
| 10. | "Crisis Time" | Graffin | 2:39 | ||||||
| 11. | "Dept. of False Hope" | Gurewitz | 2:40 | ||||||
| 12. | "Nothing to Dismay" | Graffin | 2:07 | ||||||
| 13. | "Popular Consensus" | Graffin | 1:53 | ||||||
| 14. | "My Head Is Full of Ghosts" | Gurewitz | 1:46 | ||||||
| 15. | "The Island" | Graffin | 1:28 | ||||||
| 16. | "Changing Tide" | Graffin | 2:23 | ||||||
| 36:17 | |||||||||