A Constitución Europea é un tratado internacional que pretende a creación dunha constitución para a Unión Europea. Foi asinado no 2004 por representantes dos estados membros da Unión pero estaba suxeito a ratificación por tódolos estados membros, o cal aínda non sucedeu. As súas principais direccións eran: substituír o gran grupo de tratados existentes que forman a actual "constitución" da Unión, uniformar os dereitos humanos ó longo da Unión Europea, e racionalizar a toma de decisións no que é hoxe unha organización de 25 membros.

A Constitución Europea foi asinada polos representantes dos estados membros o 29 de outubro de 2004, e estaba en proceso de ratificación polos estados membros até que, no 2005, os votantes de Francia (29 de maio) e Países Baixos (1 de xuño) rexeitaron o tratado en referendo. A falta de apoio popular da constitución neses estados fixo que outros países pospoñesen ou detesen os seus procesos de ratificación, e a Constitución ten hoxe un futuro francamente incerto. Téndoo ratificado, o tratado comezaria a aplicarse o 1 de novembro de 2006. En maio de 2006 Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Grecia, Hungría, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo e Malta retificaron o tratado constitucional.

Ratificación

Estado da ratificación nos países membros e candidatos

O Tratado da Constitución Europea (TCE) foi asinado nunha cerimonia celebrada en Roma o 29 de outubro de 2004. Antes de comezar coa súa aplicación, porén, debe ser ratificado por cada estado membro. O proceso de ratificación fíxose de diferentes formas en cada país, dependendo das súas tradicións, disposiciós constitucionais e procesos políticos. Nalgús estados membros, a aprobación do xefe de estado é tamén requirida para aprobar o TCE unha vez sexa aprobado polo parlamento ou por referendo. O Presidente de Alemaña non o ten feito aínda, debido a unha batalla legal por que o modo de ratificación non foi o referendo. O Presidente de Eslovaquia tampouco ten aprobada aínda a Constitución.

Lituania, Hungría, Eslovenia, Italia, Grecia, Eslovaquia, Austria, Alemaña, Letonia, Chipre, Malta, Bélxica e Estonia xa completaron a ratificación parlamentaria da Constitución Europea. Ademais, o Parlamento Europeo tamén aprobou o tratado (nun voto simbólico).

Dez dos 25 membros teñen anunciado a súa intención de convocar un referendo sobre a constitución. Nalgúns casos, o resultado será vinculante legalmente; noutros será consultivo (como foi o caso dos Países Baixos). Catro referendos xa tiveron lugar, resultando en España e Luxemburgo ratificada o TCE, e sendo rexeitado en Francia e os Países Baixos. Aínda que o referendo nos Países Baixos foi unicamente consultivo, o goberno neerlandés prometeu que non será ratificada.

Dende o voto francés, algúns dos membros da UE confirmaron a súa intención de abandonar ou pospor the referendo da ratificación, incluíndo o Reino Unido, onde o secretario de exteriores Jack Straw ten dito que non ten ningún sentido planear un referendo tralas decisións de Francia e os Países Baixos . Outros países continuaron cos procesos de ratificación, incluíndo Luxemburgo, que aprobou o tratado nun referendo o 10 de xullo do 2005 .

O 15 de setembro de 2005, o membro do Parlamento Europeo Johannes Voggenhuber do Partido Verde Austríaco e Andrew Duff de Democracia Liberal suxeriron o seguinte plano de acción:

  • Antes da fin de 2006, redactar un tratado moi reducido contendo só os puntos sobre os que non hai controversia.
  • Denantes da fin de 2009, unha nova convención constitucional debería decidir sobre unha nova constitución, prestando especial atención ó sistema social e as Política Común Exterior e Política de Seguridade.
  • Xunto ás eleccións ó Parlamento Europeo no 2009, debería ser convocado un referendo europeo sobre o Tratado Constitucional.

Esta proposta foi votada no Parlamento Europeo o 19 de xaneiro de 2006 con 385 votos a favor e 125 en contra.

Ratificación en España

Edición publicada polo Goberno Español Resultados

Participación: 42,33 %

  • Si: 76,72%
  • Non: 17,25%
  • En branco: 6,03%

Abstención: 57,67%

Ratificación por referendo

Estado Membro Data Resultado: % votos a favor (% votantes)
España España20 de febreiro de 2005Si: 76,7% (do 42,3%)[1]
Francia29 de maio de 2005Non: 54,7% (do 69,3%)[2]
Países Baixos Países Baixos1 de xuño de 2005Non: 61,6% (do 62,8%)
República Checa República ChecaCanceladoFalta a ratificación do Parlamento
Luxemburgo Luxemburgo10 de xullo de 2005Si: 56,5% (do 87,77%)
Irlanda IrlandaPosposto indefinidamente
Dinamarca DinamarcaPosposto indefinidamente
Polonia PoloniaPosposto indefinidamente
Portugal PortugalPosposto indefinidamente
Reino Unido Reino UnidoPosposto indefinidamente

Aprobación parlamentaria da Constitución

Parlamento Data Resultado Sinatura do Xefe de Estado
Lituania Lituania11 de novembro de 2004Si: 84 a 4[3]Si
Hungría Hungría20 de decembro de 2004Si: 322 a 12Si
Unión Europea Parlamento Europeo12 de xaneiro de 2005Si: 500 a 137Non hai
Eslovenia Eslovenia1 de febreiro de 2005Si: 79 a 4[4]Si
Italia Italia6 de abril de 2005Si: Cámara Baixa: 436 a 28.
Si: Cámara Alta: 217 a 16
Si
Grecia Grecia19 de abril de 2005Si: 268 a 17.Si
Eslovaquia Eslovaquia11 de maio de 2005Si: 116 a 27Pendente
España España18 de maio de 2005Si: Cámara Baixa: 319 a 19.
Si: Cámara Alta: 225 a 6
Si
Austria Austria25 de maio de 2005Si. Cámara Baixa: 182 a 1.
Si. Cámara Alta: 59 a 3
Si
Alemaña Alemaña27 de maio de 2005Si: Cámara Baixa: 569 a 23.
Si: Cámara Alta: 66 a 3.
Pendente
Letonia Letonia2 de xuño de 2005Si: 71 a 5[5]Si
Chipre Chipre30 de xuño de 2005Si: 30 a 19Si
Malawi Malawi6 de xullo de 2005Si: 65 a 0Si
Luxemburgo Luxemburgo25 de outubro de 2005Si: 57 a 1Si
Bélxica Bélxica8 de febreiro de 2006Si. Cámara Baixa: 118 a 18
Si. Cámara Alta: 54 a 9.
Si: Parlamento Rexional de Bruxelas: 69 a 10.
Si: Parlamento da Comunidade Alemá: 21 a 2.
Si: Parlamento Rexional de Valonia
Si: Parlamento da Comunidade Francesa.
Si: Parlamento Rexional Flamengo: 84 a 29.
(Tódolos gobernos rexionais tamén aprobaron o tratado, cumprindo os requisitos do proceso de ratificación belga.)
Pendente
Estonia Estonia9 de maio de 2006Si: 73 a 1Pendente
Finlandia Finlandia12 de maio de 2006
(Expectante) 2006
Si. Primeira Volta: 104 a 24.
Segunda Volta: Non foi aínda.
Suecia SueciaPosposto indefinidamente
República Checa República ChecaPosposto indefinidamente

Países ingresantes

Os dous países que entrarán na Unión Europea no 2007, Bulgaria e Romanía, xa aceptaron a Constitución Europea como parte do proceso de admisión.

Parlamento Data Resultado Sinatura do Xefe de Estado
Bulgaria Bulgaria11 de maio de 2005Si: 231 a 1Si
Romanía Romanía17 de maio de 2005Si: 434 a 0Si

Notas

  1. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/02/21/3484312.shtml?idioma=galego Arquivado 13 de marzo de 2016 en Wayback Machine. O si de España anima ao resto da UE a ratificar a Constitución
  2. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/05/30/100000070380.shtml?idioma=galego Arquivado 11 de marzo de 2016 en Wayback Machine. O non francés á Constitución abre unha crise na Unión Europea
  3. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2004/11/11/3197855.shtml?idioma=galego Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine. Lituania, primeiro país en ratificar a Constitución europea
  4. http://www.vieiros.com/nova/40744/o-parlamento-de-eslovenia-ratifica-a-euroconstitucion O parlamento de Eslovenia ratifica a euroconstitución
  5. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/06/02/3784397.shtml?idioma=galego Arquivado 11/03/2016, en Wayback Machine. O Parlamento letón aproba a Carta Magna e Suecia opta por esperar a que se reúna o Consello