Claudio Tolomeo,[1][2] ou Claudio Ptolomeo[3] nado en Exipto no ano 100 e finado no 178, foi un polígrafo grego, recoñecido polos seus traballos en astroloxía, astronomía e cartografía (onde ficou coñecido por ser un dos primeiros cartógrafos, se non o primeiro, en usar escala nos mapas).

Traxectoria

Tolomeo viviu e traballou en Alexandría, en Exipto. A súa grande obra astrolóxica foi coñecida como Tetrabiblos, o primeiro manual da especialidade, baseado en escritos e documentos máis antigos babilónicos, exipcios e gregos. Alén diso, publicou tamén un libro chamado Xeografía. O seu sistema cosmolóxico ensinaba que a Terra estaba no centro e os outros corpos describían círculos concéntricos ao seu redor.

Tolomeo foi considerado o primeiro "científico celeste". El sufría serios problemas con supostas "voces" interiores. Algúns historiadores afirman que foi Tolomeo quen escribira que a suma de dous catetos elevados ao cadrado é igual a hipotenusa elevada ao cadrado.

Galería de imaxes

Notas

  1. "Tolomeo, Claudio". Diciopedia do século 21 III. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2050.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tolemaico.
  3. Definición de tolemaico no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.