The Kooks é un banda de música inglesa de indie rock formada en Brighton, no 2001.[1] Formada orixinalmente por Luke Pritchard (vocalista/guitarra), Hugh Harris (guitarra), Paul Garred (batería), e Max Rafferty (baixo), a formación da banda mantívose constante ata 2008, coa marcha de Rafferty. Dan Logan foi o seu substituto temporal, ata que Peter Denton se uniu á banda de forma permanente en outubro de 2008. A comezos de 2010 Pritchard anunciou a saída do batería Paul Garred, debido a un problema do nervio no seu brazo.
Historia
Tomaron o nome da canción de David Bowie «Kooks». A banda asinou por Virgin Records xusto despois de que actuara en Brighton. Alcanzaron a lista musical británica co seu primeiro sinxelo "Eddie's gun", chegando á posición #39. O seu álbum de debut Inside In/Inside Out lanzado en xaneiro de 2006 xerou 6 sinxelos no Top 40, o que atraeu a atención dos medios gañando un premio da MTV por mellor actuación do Reino Unido e Irlanda e sendo nomeados a un Brit Award polo seu sinxelo "She Moves in Her Own Way".
O seu segundo álbum Konk lanzado en 2008 foi directamente a para ao #1 das listas do Reino Unido e venderon 65000 copias na primeira semana. Deste álbum destacan os sinxelos "Always Where I Need To Be", "Shine On" ou "Do You Wanna".
O seu terceiro álbum estreouse en setembro de 2011 co título Junk of the Heart, onde deixaron a súa faceta máis rockeira para facer temas máis achegados ó Indie pop. Dentro do álbum, os temas que foron empregados como sinxelos foron "Junk of the heart (Happy)", "Rosie", "How'd You Like That" e "Is it me". O álbum recibiu críticas mixtas por parte da prensa especializada, pedindo unha madurez no seu estilo.
Discografía
| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Inside In/Inside Out | 2006 | Virgin Records |
| Konk | 2008 | Virgin Records |
| Junk of the Heart | 2011 | Virgin Records |
| Listen | 2014 | Virgin EMI Records |
| Let's Go Sunshine | 2018 | Lonely Cat |
| 10 Tracks to Echo in the Dark | 2022 | Lonely Cat, AWAL |
| Never/Know | 2025 | Virgin Music Group |
Notas
- ↑ The Kooks - Official website (ed.). "The Kooks - Biography". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2009. Consultado o 9 de xuño de 2009.