A tempada 2008-09 da NBA foi a sexaxesimoterceira da historia da competición norteamericana de baloncesto. Foi a primeira en 42 anos que non contou cunha franquía na cidade de Seattle . Os Sonics trasladáronse en xullo de 2008 a Oklahoma City , que comeza a súa andaina na NBA herdando toda a infraestrutura de Seattle, pero con diferente alcume e cores, preservando a historia dos Sonics por un hipotético regreso.
Os Phoenix Suns foron os anfitrións do All-Star Game da NBA 2009 , que se celebrou o 15 de febreiro de 2009 .
Aspectos destacados
O 26 de xuño de 2008 , os Milwaukee Bucks traspasaron a Bobby Simmons e Yi Jianlian a New Jersey Nets a cambio de Richard Jefferson .
O 26 de xuño de 2008 , os Indiana Pacers traspasaron a Jerryd Bayless e Ike Diogu a Portland Trail Blazers a cambio de Brandon Rush , Jarrett Jack , e Josh McRoberts .
O 26 de xuño de 2008 , os Indiana Pacers traspasaron a Jermaine O'Neal e Nathan Jawai a Toronto Raptors a cambio de T. J. Ford , Rasho Nesterovič , Roy Hibbert e Maceo Baston .
O 26 de xuño de 2008 , os Memphis Grizzlies traspasaron a Kevin Love , Mike Miller , Brian Cardinal e Jason Collins a Minnesota Timberwolves a cambio de O. J. Mayo , Antoine Walker , Marko Jaric e Greg Buckner .
O 2 de xullo de 2008 , a cidade de Seattle e os Seattle SuperSonics alcanzaron un acordo que permitía recolocar ao equipo en Oklahoma City, Oklahoma , conservando toda a infraestrutura do club. Porén, Seattle reservouse o dereito de volver nun futuro baixo a mesma denominación.
O 23 de xullo de 2008 , o axente libre restrinxido Josh Childress firmou un contrato co Olympiakos da Liga grega por 20 millóns de dólares netos (o maior contrato do baloncesto europeo ata a data).
O 29 de xullo de 2008 , os Sacramento Kings traspasaron a Ron Artest aos Houston Rockets a cambio de Bobby Jackson , Donté Greene , e unha primeira rolda do draft de 2009 .
Clasificacións
Actualizado 18 de abril de 2009
Por conferencia
x - Clasificado para playoffs
y - Campión de división
c - Vantaxe de campo nos playoffs de conferencia
z - Vantaxe de campo en todos os playoffs
Estatísticas
Actualizado 24 de abril de 2009
Categoría Xogador Equipo Prom.
Puntos por partido Dwyane Wade Miami Heat 30,2
Rebotes por partidoDwight Howard Orlando Magic 13,8
Asistencias por partidoChris Paul New Orleans Hornets 11,0
Roubos de balón por partido Chris Paul New Orleans Hornets 2,77
Tapóns por partidoDwight Howard Orlando Magic 2,92
Asistencias por perdas de balónTravis Diener Indiana Pacers 5,81
Perdas por partido Stephen Jackson Golden State Warriors 3,9
Porcentaxe de tiros de campo Shaquille O'Neal Phoenix Suns 60,9%
Porcentaxe de tiros libres José Manuel Calderón Toronto Raptors 98,1%
Porcentaxe de tiros de 3 Anthony Morrow Golden State Warriors 46,7%
Dobres-dobres David Lee New York Knicks 65
Triplas-dobres LeBron James Cleveland Cavaliers 7
Pts. + Rebs. + Asts. LeBron James Cleveland Cavaliers 43,3
Premios
Recoñecementos individuais
Véxase tamén
Ligazóns externas
1940s 1950s 1960s 1970s 1980s 1990s 2000s 2010s 2020s
Competicións de Baloncesto 2008-2009
Norteamérica Europa