Tacones lejanos é unha película española de 1991, dirixida por Pedro Almodóvar.
Sinopse
Rebeca traballa como locutora de telexornais nunha cadea que dirixe o seu marido, Manuel. Este último foi o grande amor da nai de Rebeca, Becky del Páramo, antes de que esta abandonase a súa filla para dedicarse á súa carreira como cantante. Manuel non sabe que Rebeca é filla de Becky.
Quince anos despois, a nai volve a Madrid para actuar e arranxar algunhas contas pendentes, especialmente a relación coa súa filla Rebeca. A noite da súa chegada, Becky cea con Rebeca e Manuel. Xuntos van ver un imitador de Becky, o transformista Femme Letal. Rebeca dille á súa nai que, cando tiña saudade dela, ía ver o seu imitador.
Como as relacións entre Rebeca e Manuel non van ben, el intenta reavivar o seu vello amor con Becky, que non acepta o seu ofrecemento, a pesar de que Manuel lle di que pensa divorciarse de Rebeca. Unha noite, Manuel aparece asasinado no seu chalé.
Personaxes
- Victoria Abril (Rebeca)
- Rocío Muñoz (Rebeca de nena)
- Marisa Paredes (Becky del Páramo)
- Miguel Bosé (Xuíz Domínguez/Femme Letal)
- Anna Lizarán (Margarita)
- Mayrata O'Wisiedo (nai do xuíz Domínguez)
- Cristina Marcos (Paula)
- Féodor Atkine (Manuel)
- Pedro Díez del Corral (Alberto)
- Bibi Andersen (Suzanna)
- Nacho Martínez (Juan)
- Miriam Díaz Aroca (Isabel)
- Juan José Otegui (capelán do hospital)
- Paula Soldevilla (enfermeira)
- Javier Bardem (Javier)
Palmarés cinematográfico
| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Mellor interpretación feminina secundaria | Cristina Marcos | Candidata |
| Mellor montaxe | José Salcedo | Candidato |
| Mellor son | Jean-Paul Mugel | Candidato |
| Mellor deseño de vestiario | José María De Cossío | Candidato |
| Mellor maquillaxe e peiteado | Jesús Moncusi e Gregorio Ros | Candidatos |
| Categoría | Resultado |
|---|---|
| Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa | Candidata |
| Categoría | Resultado |
|---|---|
| Mellor película estranxeira | Gañadora |
Festival de Cine de Gramado (Rio Grande do Sul, Brasil)
| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Mellor Actriz | Marisa Paredes | Gañadora |
| Mellor Director | Pedro Almodóvar | Gañador |
| Mellor Música | Ryūichi Sakamoto | Gañador |
| Mellor Película Iberoamericana | Candidata | |
Festival Internacional de Cine de Cartaxena de Indias (Colombia)
| Categoría | Resultado |
|---|---|
| India Catalina á mellor película | Gañadora |
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Galán, Diego (27 de novembro de 2004). "Tacones lejanos". El País. Consultado o 9 de decembro de 2017.
- Ficha en IMDb. (en inglés).
- Ficha en filmaffinity. (en castelán).
- (en Youtube).