Sound of Silver é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de dance-punk LCD Soundsystem, publicado o 12 de marzo de 2007 a través do selo Capitol Records no Reino Unido e de DFA Records nos Estados Unidos o 20 de marzo. Sound of Silver foi producido por The DFA e gravado no ano 2006 nos estudios Long View Farm en North Brookfield, Massachusetts, e DFA Studios na cidade de Nova York.

O disco foi aclamado pola crítica e foi nomeado ao premio ao mellor álbum de electrónica/dance na 50ª edición dos Grammy.[1] O grupo publicou posteriormente un EP, titulado A Bunch of Stuff, que estaba composto integramente por covers, versións alternativas e remesturas de cancións deste álbum. O disco foi incluído no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die.[2]

Gravación e composición

James Murphy gravou Sound of Silver en Long View Farm, Massachusetts, onde xa traballara no álbum de estrea homónimo de LCD Soundsystem. A Murphy resultoulle incómodo gravar as súas propias voces e describiu a experiencia como "horrible". Cubriu todo o estudio con tea prateada e papel de aluminio durante o proceso. Para a gravación do seguinte álbum de LCD Soundsystem, This Is Happening, Murphy levou unha das pezas orixinais de tea prateada ao estudio de gravación dos Ánxeles e colgouna no estudio de Rick Rubin, The Mansion.[3]

Musicalmente, Sound of Silver foi descrito como dance-punk,[4][5] dance-rock,[6][7][8] electrónica,[9][10] rock electrónico,[10][11] e indie rock.[12]

Varias cancións incorporan elementos da composición de seis partes e 46 minutos de duración da banda, "45:33", de 2006, en particular "Someone Great", que aparece en "45:33" como instrumental.[13]

O álbum está dedicado á "memoria do Dr. George Kamen (1942-2006), unha das grandes mentes da súa xeración ou de calquera outra".[14] O Dr. Kamen, un médico de orixe búlgara, foi un pioneiro da terapia de grupo e estableceu unha consulta na cidade de Nova York. Suxeriuse que a perda de "alguén" ao que se fai referencia na canción "Someone Great" alude a Kamen.[15]

Listaxe de cancións

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Get Innocuous!"   7:11
2. "Time to Get Away"  
  • Murphy
  • Patrick Mahoney
  • Pope
4:11
3. "North American Scum"  Murphy 5:25
4. "Someone Great"  Murphy 6:25
5. "All My Friends"  
  • Murphy
  • Mahoney
  • Pope
7:37
6. "Us v Them"  
  • Murphy
  • Mahoney
  • Pope
8:29
7. "Watch the Tapes"  Murphy 3:55
8. "Sound of Silver"  Murphy 7:07
9. "New York, I Love You but You're Bringing Me Down"  
  • Murphy
  • Mahoney
  • Pope
5:35

Notas

  1. "LCD Soundsystem". GRAMMY.com (en inglés). 2019-11-19. Consultado o 2020-01-06.
  2. "LCD Soundsystem - Sound Of Silver - Review - 1001 Albums You Must Hear Before You Die". 1001albumsyoumusthearbeforeyoudie.wikidot.com. Consultado o 2024-08-29.
  3. Harris, Sophie (2017-03-12). "LCD Soundsystem's 'Sound of Silver': 10 Things You Didn't Know". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2025-12-22.
  4. "How LCD Soundsystem’s Sound of Silver Became the Gold Standard for Modern Dance-Punk". The Dowsers (en inglés). 2017-07-24. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2021. Consultado o 2025-12-22.
  5. Kosik, John (2007-03-31). "LCD Soundsystem’s dance-punk groove remains tight on “Sound of Silver”". The Seattle Times (en inglés). Consultado o 2025-12-22.
  6. "LCD Soundsystem - Sound of Silver · Album Review ⟋ RA". Resident Advisor (en inglés). Consultado o 2025-12-22.
  7. Lynskey, Dorian (2007-03-09). "LCD Soundsystem: Sound of Silver". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2025-12-22.
  8. Pytlik, Mark. "LCD Soundsystem: Sound of Silver". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2025-12-22.
  9. "Graded on a Curve: LCD Soundsystem, Sound of Silver". The Vinyl District (en inglés). 2015-07-17. Consultado o 2025-12-22.
  10. 1 2 "CD OF THE WEEK". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2025-12-22.
  11. "Yes, I am a Tornado Chaser - The Holland Project". The Holland Project (en inglés). 2008-02-06. Consultado o 2025-12-22.
  12. "Our 150 Favorite Indie Rock Albums of the 21st Century". Treble (en inglés). 2025-04-28. Consultado o 2025-12-22.
  13. Bendall-Jones, Richard (2007-11-12). "LCD Soundsystem - 45:33". DIY (en inglés). Consultado o 2025-12-22.
  14. Libreto do CD
  15. "LCD Soundsystem – Someone Great". Consultado o 2025-12-22.