Saul fia é un filme húngaro dramático dirixido por László Nemes e co-escrito por Nemes e Clara Royer que se estreou no 2015. Está ambientado no campo de concentraciónde Auschwitz durante a segunda guerra mundial, e segue un día e medio da vida de Saul Ausländer (interpretado por Géza Röhrig), un húngaro membro do Sonderkommando.[1]

Foi estreado no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2015,[2] onde gañou o Grand Prix.[3] Tamén foi estreado na sección de Presentacións Especiais do Festival Internacional de Cinema de Toronto.[4] Foi o gañador do premio ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos Oscar.[5][6] É o noveno filme húngaro en ser nomeado a este premio, e o primeiro dende Hanussen de István Szabó en 1988. É o segundo filme húngaro en gañar o premio, despois de Mephisto de Szabó en 1981.[7] Tamén gañou o Globo de Ouro ó mellor filme en lingua non inglesa,[8] converténdose no primeiro filme húngaro en gañar este premio.[9]

Personaxes

Notas

  1. The New York Times, ed. (14 de decembro de 2015). "In ‘Son of Saul,’ Laszlo Nemes Expands the Language of Holocaust Films". Consultado o 16 de xaneiro de 2016.
  2. Cannes (ed.). "2015 Official Selection". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 16 de abril de 2015.
  3. Henry Barnes (24 de maio de 2015). The Guardian, ed. "Cannes 2015: Jacques Audiard's Dheepan wins the Palme d'Or". Consultado o 24 de maio de 2015.
  4. ScreenDaily, ed. (28 de xullo de 2015). "Toronto to open with 'Demolition'; world premieres for 'Trumbo', 'The Program'". Consultado o 28 de xullo de 2015.
  5. Ford, Rebecca (14 de xaneiro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscar Nominations: The Complete List". Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
  6. Szalai, Georg (28 de febreiro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Hungary Wins Its First Foreign-Language Honor Since Fall of Communism". Consultado o 29 de febreiro de 2016.
  7. Oscars, ed. (14 de xaneiro de 2016). "Son of Saul: Foreign Language Film - Nominees". Consultado o 29 de febreiro de 2016.
  8. The Hollywood Reporter, ed. (11 de xaneiro de 2016). "Golden Globes: The Complete Winners List". Consultado o 11 de xaneiro de 2016.
  9. Nick Holdsworth (11 de xaneiro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Golden Globes: Hungary Celebrates First-Ever Win for 'Son of Saul'". Consultado o 16 de xaneiro de 2016.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas