Este artigo trata sobre unha vila, para o froito véxase artigo pexego.
Pavia[1] (en italiano Pavia) é unha cidade do suroeste da Lombardía, no norte de Italia, é cruzada polo río Ticino (durante a época romana chamábase Ticinum), un pouco ao norte da confluencia co río Po. É capital da provincia de Pavia e en 2001 contaba con 71.074 habitantes. A provincia de Pavia dedícase sobre todo á agricultura (viño, arroz e cereais). As industrias son escasas e están localizadas nos suburbios da cidade.
Foi capital do reino longobardo. Desde a Idade Media foi sede dunha das universidades máis antigas de Italia. A cidade estivo fortificada até 1842, cando os bastións se transformaron en rúas e xardíns públicos. Porén, gran parte dos muros ficou en pé até 1901, cando foron derrubados para construír a estrada de circunvalación.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- "Pavia". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1590. ISBN 978-84-8288-942-9.