A PO-232[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Carballedo e San Xurxo de Sacos; ambas no concello de Cerdedo-Cotobade. Ten unha lonxitude de 9,63 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-233 en Carballedo (Cerdedo-Cotobade) e finaliza nun cruzamento coa N-541 en San Xurxo de Sacos (Cerdedo-Cotobade).
Notas
- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.