San Xoán de Ourantes é unha parroquia pertencente ao concello de Punxín, na comarca do Carballiño. En 2013, segundo o IGE, tiña 113 habitantes (57 homes e 56 mulleres), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 142 habitantes.
O topónimo Ourantes é un hidrónimo de orixe prerromana, da raíz *awer- co significado de 'mollar, humedecer, fluír'. Outros autores defende que é un orónimo a partir da raíz preindoeuropea *or-r/ur-r "outeiro, algura, monte ou val entre montes".[2]
Patrimonio
O castro de San Cibrao de Las é un poboado castrexo de grandes dimensións, coñecido como A Cidade. Estivo habitado desde o século II a.C. ata o século II d.C., e con posibles ocupacións esporádicas máis tardías.
A igrexa de San Xoán de Ourantes é un templo de orixe románica, moi modificado no século XVIII, principalmente no seu muro norte onde se lle adosou unha esvelta torre campanil barroca.
Galería de imaxes
- A igrexa románica de Ourantes podería datarse entre os séculos XII e XIII.
- Cruz románica antefixa, nimbada e con Cristo, sobre Agnus Dei, no cumio da ábsida.
- Porta lateral da igrexa de San Xoán de Ourantes
- Detalle da porta lateral románica da igrexa parroquial.
- Canzorro en Ourantes, lector. Está no muro sur da ábsida, sostendo o aleiro.
- Canzorro en Ourantes, músico, tamén no muro sur da ábsida.
Lugares e parroquias
Lugares de Ourantes
| Lugares da parroquia de Ourantes no concello ourensán de Punxín | |
|---|---|
Parroquias de Punxín
| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Punxín | |
|---|---|
|
Barbantes (Santiago) | Freás (Santa María) | Ourantes (San Xoán) | Punxín (Santa María) | Vilamoure (Santo Estevo) | Vilela (Santa María) |