Omar-Sharif Cook, nado o 28 de xaneiro de 1982 en Brooklyn, Nova York, é un ex xogador estadounidense con pasaporte montenegrino de baloncesto profesional.

Traxectoria profesional

Cook foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Orlando Magic, e foi traspasado inmediatamente ós Denver Nuggets, pero non chegou a debutar. De 2001 a 2004, Cook xogou 22 partidos na NBA, 17 cos Portland Trail Blazers e 5 cos Toronto Raptors, que intercalou con varios períodos cos Fayetteville Patriots da NBA D-League.

O 24 de xullo de 2020, asinou co San Pablo Burgos da Liga ACB.[1]

O 15 de xullo de 2021, asinou unha tempada co Casademont Zaragoza da Liga ACB.[2]

Notas

  1. "Omar Cook signs with San Pablo Burgos". Sportando. 24 de xullo de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020.
  2. "Zaragoza announces signing of Omar Cook". Sportando. 15 de xullo de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021.

Véxase tamén

Ligazóns externas