A OU-406[1][2] (na provincia de Ourense), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Ribadavia e Val de Pereira, ambas no concello de Ribadavia. Ten unha lonxitude de 2,79 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa OU-405 en Ribadavia e finaliza nun cruzamento coa A-52 en Val de Pereira (Ribadavia). É un tramo vello da estrada N-120.
Notas
- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.