Nuno Fernandez de Mirapeixe ou Monio Fernandez de Mirapeixe foi un trobador de principios do século XIII.

Traxectoria

Estudosos como Michaëlis ou Tavani atribúenlle orixe catalá, con todo, António Resende de Oliveira sostén que procede da zona de Mirapeixe (situado en Outeiro de Rei) e é irmán dos cabaleiros Garcia Fernandez e Rui Fernandez de Mirapeixe, vasalos do mecenas da lírica galego-portuguesa Rodrigo Gómez de Traba.[1][2]

Obra

Consérvanse dúas cantigas de amor[3] e unha declaración de amor.[4]

Notas

  1. "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-04-10.
  2. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-10.
  3. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-04-10.
  4. "MedDB - Visualiza Cantiga". Consultado o 2021-04-10.

Véxase tamén

Bibliografía