The New York Times é un xornal publicado na cidade de Nova York e distribuído nos Estados Unidos e moitos outros países, fundado o 18 de setembro de 1851 por Henry Jarvis Raymond e George Jones, o primeiro tamén fundador de Associated Press. É propiedade da The New York Times Company, que tamén posúe outras 40 publicacións, incluíndo o International Herald Tribune e o Boston Globe. O diario é afectuosamente chamado a «Dama Gris» (Gray Lady, en inglés).

A súa sede atópase no The New York Times Building, na Oitava Avenida de Nova York.

The New York Times Magazine

Artigo principal: The New York Times Magazine.

The New York Times Magazine é unha revista incluída na edición dominical de The New York Times. Presenta artigos máis longos que os habitualmente publicados no xornal e atraeu a moitos colaboradores notables, como o ilustrador Christoph Niemann ou o humorista John Hodgman.[1][2] A revista destaca polo seu deseño e a súa fotografía, especialmente relacionada coa moda.

Notas

  1. "About – Christoph Niemann". www.christophniemann.com. Consultado o 2024-03-20.
  2. "John Hodgman - The New York Times". www.nytimes.com (en inglés). Consultado o 2024-03-20.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xornalismo é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.