A N-552 é unha estrada nacional convencional que conecta a N-550 (da que formou parte até 1988[1]), na altura da vila de Redondela, coa cidade de Vigo.[2][3] Nos seus 9,72 quilómetros de percorrido ten varias conexións coa AP-9, de trazado paralelo desde a ponte de Rande até o barrio de Teis.

Trátase dunha estrada cunhas marxes moi urbanizadas, o que supuxo que se construísen diversas rotondas ao longo do seu traxecto para mellorar a súa conectividade ademais da seguridade viaria.[4][5]

Notas

  1. "Documento BOE-A-1988-18844". www.boe.es (en castelán). Consultado o 2017-08-18.
  2. "LISTADO Y LONGITUD DE CARRETERAS DE LA RCE (1) SITUACIÓN A 31-XII-2016" (PDF). Ministerio de Fomento (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de agosto de 2017. Consultado o 18.08.2017.
  3. "LONGITUD DE CARRETERAS DE LA RCE POR TIPO DE VÍA (1) SITUACIÓN A 31-XII-2016" (PDF). Ministerio de Fomento. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de agosto de 2017. Consultado o 18.08.2017.
  4. Luis Carlos Llera (2009-08-18). "Fomento construye en la N-552 una rotonda para mejorar la seguridad y el acceso a Chapela". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-08-18.
  5. Antonio Pinacho (16.09.2015). "La nueva rotonda de la N-552 evitará los camiones por el barrio de A Portela". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2017-08-18.