Martin Karplus, nado en Viena o 15 de marzo de 1930 e finado en Cambridge, Massachusetts, o 28 de decembro de 2024,[1][2] foi un químico teórico estadounidense.

Traxectoria

Foi profesor de química na Universidade Harvard dende 1979. Tamén foi director do Laboratorio de Química Biofísica, un laboratorio conxunto entre o Centre national de la recherche scientifique e a Universidade de Estrasburgo, en Francia. O seu irmán, Robert Karplus, foi un físico e educador internacionalmente recoñecido da Universidade de California en Berkeley.

En 2013 obtivo o Premio Nobel de Química.

Contribucións

Martin Karplus ten contribuído de forma significativa en moitos campos da fisicoquímica, incluíndo a espectroscopia de resonancia magnética nuclear, a dinámica química, a química cuántica, e sobre todo, as simulacións de dinámica molecular de macromoléculas biolóxicas.

Notas

  1. "The Multifaceted Life of a Nobel Prize Winning Theoretical Chemist". Andrew J. Magni & Son Funeral Home. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2025. Consultado o 3 de xaneiro de 2025.
  2. "Martin Karplus". Legacy. 3 de xaneiro de 2025. Consultado o 3 de xaneiro de 2025.

Véxase tamén

Ligazóns externas