
Liuva II foi un rei visigodo (583-603) que reinou do 601 ao 603. Sucedeu ao seu pai Recaredo e accedeu ao trono cando contaba uns 18 anos. Á súa mocidade e inexperiencia, uníaselle a súa orixe bastarda (era fillo de nai da plebe), o cal fixo que contase con poucos apoios na nobreza visigoda.
Traxectoria
Na primavera do 602, o godo Viterico, quen traizoara a conspiración de Sunna de Mérida para restablecer o arianismo o 589, (segundo algúns autores ou simple e sinxelamente para apropiarse do trono, segundo outros); conseguiu o mando do exército que ía loitar contra os bizantinos. Seguramente a traizón de Viterico aos conspiradores colocouno nunha posición de máxima confianza, e grazas a iso obtivo o mando do exército, no cal colocaría a homes da súa confianza. No canto de expulsar aos bizantinos, Viterico utilizou as tropas para dar un golpe de estado (primavera do 603). Penetrou no Palacio Real e depuxo ao novo rei, contando sen dúbida co apoio dunha facción da nobreza probablemente hostil á dinastía de Leovixildo (aínda que non aos principios políticos deste rei). Viterico fixo que se amputase a Liuva II a man dereita (o que lle imposibilitaba para reinar), e máis tarde fíxoo condenar á morte e executar (verán do 603).
| Predecesor: Recaredo |
Rei dos visigodos 601-603 |
Sucesor: Viterico |