Lesotho,[1] cuxo nome oficial é Reino de Lesotho (en sesotho Muso oa Lesotho, "O País dos que falan Sesotho"), é un estado situado no sur de África e encravado dentro de Suráfrica, membro da mancomunidade de nacións británica, este país era coñecido antes como Basutolandia.
Historia
A terra de Basutolandia foi renomeada como reino de Lesotho despois da súa independencia do Reino Unido no 1966. O rei Moshoeshoe exiliouse no 1990. No 1993, o goberno constitucional foi restaurado despois un período de espera de 23 anos durante os que o dirixiron os militares. No 1998, protestas violentas asociadas provocaron a intervención breve, mais sanguenta, do exército surafricano no momento das eleccións. Outra reforma constitucional restableceu a estabilidade do país.
Política
Dende o 7 de febreiro do 1996, o rei Letsie III reina sobre o Lesotho sucedendo ao seu pai.
Subdivisións
- Artigo principal: Subdivisións de Lesotho.
O reino de Lesotho atópase dividido en 10 distritos:
| Divisións administrativas | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Distritos do país | Distrito | Capital | Superficie (km²) | Poboación (hab.) | Localización dos principais centros urbanos |
| 1. Berea | Teyateyaneng | 2222 | 300.000 | ||
| 2. Butha-Buthe | Butha-Bethe | 1767 | 130.000 | ||
| 3. Leribe | Hlotse | 2823 | 450.000 | ||
| 4. Mafeteng | Mafeteng | 2119 | 330.000 | ||
| 5. Maseru | Maseru | 4279 | 500.000 | ||
| 6. Mohale's Hoek | Mohale's Hoek | 3530 | 310.000 | ||
| 7. Mokhotlong | Mokhotlong | 4075 | 130.000 | ||
| 8. Qacha's Neck | Qacha's Neck | 2349 | 110.000 | ||
| 9. Quthing | Quthing/Moyeni | 2916 | 200.000 | ||
| 10. Thaba-Tseka | Thaba-Tseka | 4270 | 170.000 | ||
Xeografía
O relevo do Lesotho é moi montañoso, e o país é chamado «Un reino no ceo», o que o describe moito, xa que todo o país está a máis de 1400m de alto. O seu punto cumio é o Tabana Ntlenyana de 3482m de alto.
O inverno é de xuño a agosto, con temperaturas preto dos 0 °C. Entón podes ver a neve sobre das montañas. A estación das choivas comeza en outubro e remata en abril.
Economía
- Artigo principal: Economía de Lesotho.
Demografía

Máis do 99% da poboación de Lesotho son etnicamente basotho; outros grupos étnicos inclúen europeos e asiáticos. A poboación do país é 80% cristiá, a maioría deles católicos romanos. Outras relixións son o islam, o hinduísmo e varias crenzas indíxenas. O sesotho e o inglés son os idiomas oficiais, outros idiomas inclúen o zulú e xhosa.
O problema da SIDA
Do mesmo xeito que en moitos outros países da África subsahariana, a SIDA converteuse nun auténtico problema. A data de hoxe,[cando?] o 29% da poboación é portadora do virus ou desenvolveu a enfermidade, e os datos de organismos internacionais estiman que a porcentaxe subirá ata o 35% nos próximos anos. A consecuencia máis palpable deste fenómeno é a espectacular caída da esperanza de vida ata os 37 anos.
O goberno nacional tardou en recoñecer a gravidade do problema, e as súas medidas para frear as consecuencias de devandita enfermidade non comezaron a levarse a cabo ata 1999. En devandito ano, organismos gobernamentais finalizaron o seu plan estratéxico contra a SIDA, reforzado nos vindeiros anos con novas propostas tanto no ámbito da educación, a prevención ou o tratamento. A este problema, debe sumarse a falta de persoal médico especializado no país.
Notas
- ↑ "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
