LCD Soundsystem é unha banda estadounidense de dance-punk formada en Nova York no ano 2001. Estivo liderada polo compositor, cantante e produtor estadounidense James Murphy, cofundador do selo discográfico DFA Records. O grupo publicou tres álbums aclamados pola crítica, LCD Soundsystem, Sound of Silver e This Is Happening, entrando os dous últimos no top 10 das listas da Billboard.

O 5 de febreiro do 2011 publicouse unha declaración na páxina web da banda que anunciaba a discolución tras un concerto de despedida, que tería lugar o día 2 de abril no Madison Square Garden. A derradeira actuación de LCD Soundsystem quedou documentada no vídeo Shut Up and Play the Hits.

Tras unha serie de rumores insinuando unha posible reunión da banda, LCD Soundsystem publicou o sinxelo "Christmas Will Break Your Heart" en decembro de 2015, sendo o seu primeiro sinxelo dende "Throw", lanzado en 2010. LCD Soundsystem posteriormente confirmou o seu regreso e anunciou unha longa xira, incluíndo aparicións nos festivais de Coachella, Lollapalooza, Outside Lands e Glastonbury. A banda tamén confirmou a gravación dun novo álbum de estudio que será publicado ao longo do ano 2016.

Discografía

LCD Soundsystem, 2016
ÁlbumAnoSelo
LCD Soundsystem2005DFA Records
Sound of Silver2007DFA/Capitol
This Is Happening2010DFA/Virgin
American Dream2017DFA/Columbia

Véxase tamén

Ligazóns externas