Jarrett Allen, nado o 21 de abril de 1998 en San Diego, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional

O 22 de xuño de 2017, Allen foi elixido na 22ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Brooklyn Nets.[1] O 20 de xullo de 2017, asinou o seu contrato de rookie cos Nets.[2] O 20 de outubro de 2017 debutou cos Nets, converténdose no segundo xogador máis novo da historia dos Nets en participar nun partido, tan só por detrás de Derrick Favors.[3]

O 14 de xaneiro de 2021, Allen foi traspasado ós Cleveland Cavaliers nun traspaso entre catro equipos que mandou a James Harden ós Brooklyn Nets.[4]

Notas

  1. "BROOKLYN NETS SELECT JARRETT ALLEN 22ND OVERALL IN 2017 NBA DRAFT". Brooklyn Nets. 23 de xuño de 2017. Consultado o 23 de xuño de 2017.
  2. "Brooklyn Nets sign Jarrett Allen". nba.com. 20 de xullo de 2017. Consultado o 27 de febreiro de 2018.
  3. Logan, Greg (21 de outubro de 2017). "Young Jarrett Allen impresses teammates in NBA debut". Newsday. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2022. Consultado o 27 de febreiro de 2018.
  4. "Brooklyn Nets Acquire James Harden". NBA.com. 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 14 de xaneiro de 2021.

Véxase tamén

Ligazóns externas