A hidracina é un composto químico líquido incoloro a temperatura e presión ambiente, irritante, corrosivo, inflamable e con olor a amoníaco.

Na súa forma sólida é de cor branca. A súa fórmula é N2H4 e obtense por reacción entre amoníaco, cloro e hidróxido sódico. É lixeiramente soluble en amoníaco e metilamina. É soluble en auga, metanol, etanol e etilenodiamida. Obtense mediante o proceso Raschig.

Un dos seus usos principais é como propelente para foguetes, sobre todo como monopropelente (usado en solitario) en satélites para manter a súa órbita e en manobras de control de altitude, como no caso de SEOSAT-Ingenio.[7] O seu uso en grandes foguetes caeu en desuso a favor da dimetilhidracina asimétrica (UDMH).[8][9]

Notas

  1. 1 2 "hydrazine - PubChem Public Chemical Database". The PubChem Project. USA: National Center for Biotechnology Information.
  2. "NIOSH Guide - Hydrazine". Centers for Disease Control. Consultado o 16 August 2012.
  3. Hall, H.K., J. Am. Chem. Soc., 1957, 79, 5441.
  4. Greenwood, Norman N.; Earnshaw, Alan (1997). Chemistry of the Elements (2nd ed.). Butterworth-Heinemann. ISBN 0-08-037941-9.
  5. "Hydrazine safety data sheet". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2014. Consultado o 24 de febreiro de 2015.
  6. Martel, B.; Cassidy, K. (2004). Chemical Risk Analysis: A Practical Handbook. Butterworth–Heinemann. p. 361. ISBN 1-903996-65-1.
  7. "SEOSAT-Ingenio: fully loaded". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-10-22.
  8. "Hidracina". Real Academia Galega. Consultado o 2022-12-08.
  9. Mark Wade (2011). "Hydrazine" (en inglés). Consultado o 17 de abril de 2013.

Véxase tamén

Outros artigos