Guadalaxara[1] (en castelán: Guadalajara) é unha cidade do centro de España, capital da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha, á beira do río Henares.

O seu censo municipal é de 87.452 habitantes (INE 2022) e a área do seu concello abrangue 267,5 km². Está situada a 55 km de Madrid. Rodéaa a autovía A-2; e dispón de parada do tren AVE na súa estación ferroviaria (sita a 7 km da cidade) e máis un servizo de trens de proximidades con Madrid.

Étimo do topónimo e historia

Guadalaxara identifícase coa localidade ibera de Arriaca (cfr. vasco actual harri "pedra, rocha", e o sufixo abundancial -aga). O seu actual nome provén do árabe, mais semella ter certa relación co anterior, se é interpretábel polo vasco. Os musulmáns logo de arrasala, reconstruírona, denominándoa Wādī al-Ḥaǧārah (en árabe وادي الحجارة), que significa "río de pedras".

A partir do século XIV converteuse nunha cidade importante, en boa medida mercé á familia Mendoza. Despois dunha longa decadencia, a súa proximidade a Madrid convértea nun lugar atractivo como foco de expansión industrial e cidade-dormitorio da capital española, o que ten facilitado o seu crecemento nos últimos anos.

Monumentos

Notas

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.

Véxase tamén

Ligazóns externas


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.