Fritz (Friderik) Pregl, nado en Ljubljana (hoxe en Eslovenia), Imperio Austrohúngaro, o 3 de setembro de 1869 e finado en Graz (Austria), o 13 de decembro de 1930, foi un químico austríaco de orixe eslovena.
Traxectoria
Naceu o 3 de setembro de 1869 na cidade de Ljubljana, naqueles momentos parte do Imperio Austrohúngaro, pero hoxe en día capital de Eslovenia. Estudou química e fisioloxía na Universidade de Graz, e posteriormente foi nomeado profesor auxiliar de química na mesma universidade. En 1910 foi nomeado profesor titular na Universidade de Innsbruck, pero en 1913 retornou a Graz para converterse en director do Instituto de Química Médica.
Investigacións científicas
Iniciou as súas investigacións na constitución química dos ácidos biliares dos animais e do home. Para iso tivo que idear e desenvolver métodos de microanálise cuantitativa de substancias orgánicas que lle valeron a concesión do Premio Nobel de Química do ano 1923 e que serviron para mellorar a técnica do tren de combustión para a análise elemental.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1923 (en inglés)
- Biografía na páxina do Instituto Nobel (en inglés)
- Perfil de Fritz Pregl NNDB (en inglés)
| Predecesor: Francis William Aston |
Premio Nobel de Química 1923 |
Sucesor: Richard Adolf Zsigmondy |