San Tomé de Freixeiro é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Castrelos, Coia, Sárdoma e a cidade de Vigo. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 5.967 habitantes (2.870 homes e 3.097 mulleres).
Entidades de poboación
Segundo o Nomenclátor de Galicia, as súas entidades de poboación son O Castaño, Cataboi, A Fonte Santa, A Pastora, Pousafoles e As Travesas.[3] Segundo o IGE, as súas entidades de poboación son as seguintes: Freixeiro (2.269), Mantelas (1.608), Riobó (756) e Salgueira (1.295).[2]
Porén, os sete barrios históricos da parroquia son: A Atalaia, Castreliños, Cataboi, O Couto, A Graña, A Ponte Nova e O Regueiro.[4]
Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Vigo-Fragoso.
Patrimonio
Case na zona das Travesas está o Pazo da Pastora (tamén chamado de Santhomé) construído no século XIV. Chamouse antigamente Torre de Busteu e foi propiedade de Pedro Álvarez de Soutomaior. Moi próximo atópase o Museo Liste. O instituto de ensino medio San Tomé de Freixeiro está á beira do Instituto Santa Irene e moi próximo á Piscina Municipal do Carme.
Lugares e parroquias
Lugares de Freixeiro
| Lugares da parroquia de Freixeiro no concello de Vigo (Pontevedra) | |
|---|---|
|
O Castaño | Cataboi | A Fonte Santa | A Pastora | Pousafoles | As Travesas |
Parroquias de Vigo
Notas
- 1 2 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- 1 2 IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2023-10-05.
- ↑ Sestay Martínez, Iván (2015). Freixeiro e Sárdoma. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
Véxase tamén
Bibliografía
- Sestay Martínez, Iván (2015). Toponimia do Val de Fragoso (PDF). 4: Freixeiro e Sárdoma. Universidade de Vigo; Concello de Vigo. ISBN 978-84-8158-701-2.