Finding Nemo é un filme estadounidense de animación dixital da compañía Pixar Animation Studios do ano 2003, gañador dun Oscar ó mellor filme de animación entre moitos outros premios. Estreouse nos Estados Unidos o 30 de maio de 2003. O guión baséase nun argumento de Andrew Stanton.

Sinopse

Nemo é un pequeno peixe pallaso, o único fillo que lle quedou a Marlin despois de que unha barracuda atacase a anemone onde vivía e acabase coa súa parella e con case toda a súa prole. A partir deste acontecemento, Marlin encárgase de coidar o seu fillo de forma esaxeradamente protectora, o que dá lugar a que Nemo se rebele e emprenda unha aventura aproveitando unha excursión do colexio. Nemo, no seu afán de amosar a súa valentía e capacidade de desenvolverse a pesar de ter unha aleta atrofiada, é atrapado por un mergullador cunha rede e acaba no acuario dun dentista na cidade de Sidney para ser o agasallo da sobriña do doutor, Dala.

Desde entón o seu pai emprende unha longa procura para dar con pistas que lle leven a recuperar ó fillo. No camiño úneselle un peixe de pouca memoria chamado Dory. Os dous xuntos teñen que enfrontarse a multitude de problemas entre os que se atopan as quenllas vexetarianas, as medusas, unha balea, coa cal falan en "Cetáceo", e as gaivotas. Durante a súa viaxe tamén reciben a axuda doutros personaxes entre os que se atopan as simpáticas tartarugas.

Mentres, Nemo establece unha grande amizade cos peixes que habitan dentro do acuario e xuntos urden un plan para escapar e regresar ó mar.

Personaxes

Secuela

En 2016 foi feito outro filme de animación por ordenador continuando a historia de Nemo e Dory, protagonizado polas mesmas voces voces de Ellen DeGeneres e Albert Brooks, titulado Finding Dory. Tamén foi producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures, igualmente dirixido e coescrito por Andrew Stanton, codirixido por Angus MacLane[1][2] e coescrito por Victoria Strouse.[3] O filme ten novos personaxes, coas voces de Diane Keaton e Eugene Levy.[4][5]

Galardóns

Notas

  1. Kit, Borys (7 de xullo de 2012). "Andrew Stanton to Direct Pixar's 'Finding Nemo' Sequel". The Hollywood Reporter. Consultado o 2 de abril de 2013.
  2. Farley, Christopher John (2 de abril de 2013). "Ellen DeGeneres to Star in 'Nemo' Sequel 'Finding Dory'". The Wall Street Journal. Consultado o 2 de abril de 2013.
  3. Isaac Feldberg (11 de xuño de 2014). We Got This Covered, ed. "Angus MacLane Co-Directing Finding Dory With Andrew Stanton". Consultado o 10 de xullo de 2014.
  4. Risley, Matt (2 de abril de 2013). Total Film, ed. "Pixar confirm Finding Nemo sequel". Consultado o 2 de abril de 2013.
  5. Zeitchik, Steven (2 de abril de 2013). "Ellen DeGeneres' 'Nemo' sequel, 'Finding Dory,' set for 2015". Los Angeles Times. Consultado o 2 de abril de 2013.

Véxase tamén

Outros artigos