Elbasan é unha cidade do centro de Albania, xunto ó río Shkumbin a 33 quilómetros ó sueste de Tirana, é a capital do distrito e do condado homónimos, cunha poboación de arredor de 100.000 habitantes é a terceira cidade do país[1], despois da capital e de Durrës. O concello esténdese por unha superficie de 1290 km².

Historia

Restos do Castelo de Elbasan

No lugar onde se alza Elbasan os romanos construíron unha fortaleza que se acabou por converter nun importante centro comercial ata que as invasións eslavas do século VI deixaron a cidade abandonada.

No século XV os otománs construíron unha fortificación militar no mesmo lugar, converténdose nun importante centro otomán en Albania. A fins do século XVII habitaban na cidade unhas dúas mil persoas.

Notas

  1. "Mapa - Elbasani (Bashkia Elbasan) - MAP[N]ALL.COM". 174.127.109.64 (en portugués). Consultado o 2022-09-03.[Ligazón morta]

Véxase tamén

Outros artigos