Dresden[1][2] ou Dresde[3] (en alemán: Dresden) é unha cidade alemá á beira do Elba e capital do estado federado de Saxonia. Conta con 512.234 habitantes (2008) e está altamente industrializada (por exemplo, hai fábricas de Volkswagen, Airbus etc.).

Limita ao noroeste co distrito de Meißen, ao nordés co de Bautzen e ao sur co de Sächsische Schweiz-Osterzgebirge. Dresden atópase xusto no centro da conurbación homónima. Situada no centro de Europa, constitúe un nó de transportes fundamental á vez que un centro económico de grande importancia.[4] Esta aglomeración, xunto coa de Chemnitz-Zwickau e a de Leipzig-Halle, constitúen a chamada "rexión metropolitana do triángulo saxón".[5] A poboación total de Dresden supera os 525.000 habitantes e o seu correspondente Regierungsbezirk ou rexión administrativa, o millón e medio.[6]

O Val do Elba en Dresden foi Patrimonio da Humanidade da Unesco entre 2004 e 2009, pero perdeu o seu sitio en dita lista debido á construción dunha ponte a dous quilómetros do centro histórico. Deste xeito, converteuse no primeiro lugar en Europa e segundo en todo o mundo en perder esta condición.[7]

En 2015, a cidade foi laureada, xunto coa sueca Vara co Premio de Europa, unha distinción outorgada anualmente polo Consello de Europa, desde 1955, a aqueles municipios que fixesen notables esforzos para promover o ideal da unidade europea.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para saxón.
  2. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 119. ISBN 84-9749-199-8.
  3. Así figura no Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo e no Diciopedia do século 21.
  4. "München deklassiert Berlin - Dresden auf der Überholspur. Städte-Ranking" (en alemán). Der Spiegel. 7 de setembro de 2007. Consultado o 24 de xuño de 2009.
  5. "Mapa interactivo do Triángulo Saxón" (en alemán). region-sachsendreieck.de. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2009. Consultado o 24 de xuño de 2009.
  6. "Bevölkerung" (PDF) (en alemán). Statistisches Landesamt des Freistaates Sachsen. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de maio de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2012.
  7. Connolly, Kate (25 de xuño de 2009). "Bridge takes Dresden off Unesco world heritage list | World news". Londres: The Guardian. Consultado o 1 de novembro de 2009.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  1. "Mitgliedsstädte". Deutscher Städtetag (en alemán). 31 de decembro de 2022. Consultado o 27 sw maio de 2025.