A disartria é un problema motor grave da boca e da lingua, que consiste nunha perturbación da articulación dos fonemas producido normalmente por unha lesión do sistema nervioso central. A fala é incorrecta e, a miúdo, inintelixíbel. Preséntase xeralmente en nenos con parálise cerebral. Agás nalgúns casos, a perda da fala vai asociada a alteracións da linguaxe, coma a incapacidade para asociar as pautas motoras e os sons da fala. Existe neste caso correlación coas probas psicolóxicas.
Pódese tamén deber a lesións periféricas que causen a parálise de certos órganos motores de execución da fala, ou a doenzas dexenerativas como a esclerose múltiple.[1]
| trazo | articular | fala | ortofonía | voz | comprender | escrita | sintaxe | oralidade | lectura | lexemas | ortografía | movemento | entoación |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| ausencia | - |
afasia e afasia evolutiva | - |
afonía | agnosia | agrafía | agramatismo | alalia | alexia | anomia | - |
apraxia | - |
| dificultade | disartria | disfasia | disfemia | disfonía | - |
disgrafía | - |
dislalia | dislexia | - |
disortografía | dispraxia | disprosodia |
| erro | - |
parafasia | - |
- |
- |
paragrafía | - |
- |
paralexia | - |
- |
- |
- |
Notas
- ↑ Caion (2018-08-14). "Disartria: o que é, tipos, causas e tratamento". Saúde – Blog OPAS (en portugués). Consultado o 2022-04-01.