Charles Jerome "Chuck" Daly, nado o 20 de xullo de 1930 en St. Marys (Pensilvania) e finado o 9 de maio de 2009 en Jupiter, Florida,[1] foi adestrador profesional de baloncesto. Foi famoso por adestrar aos Detroit Pistons dos "Bad Boys", gañando dous campionatos consecutivos en 1989 e 1990, e ao "Dream Team" dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992. Durante as súas 14 tempadas na NBA, tamén dirixiu a Cleveland Cavaliers, New Jersey Nets e Orlando Magic. O 9 de maio de 1994 foi incluído no Basketball Hall of Fame.

Adestrador

Daly creceu en Kane, Pensilvania, e asistiu á St. Callistus Catholic School. Xogou ao baloncesto na Universidade de St. Bonaventure (Nova York) (1948-49) e na Bloomsburg Universidade de Pensilvania (1949-52). Daly comezou a súa carreira de adestrador a nivel de instituto, adestrando a Punxsutawney e liderandole a unha marca de 111-70 (61.3%) de 1955-63.

Posteriormente serviu como asistente á Universidade Duke (1963-69), e foi adestrador de Boston College (1969-71) e á Universidade de Pensilvania (1971-77). En Penn, liderou aos Quakers a catro Ivy League consecutivas, aparecendo no Torneo NCAA desde 1972 até 1975. En 1971 e 1972, os Quakers chegaron até as Finais Rexionais do Leste da NCAA, quedando o equipo invicto na tempada 1970-71. En total, a súa marca era de 151-62 até antes de entrar na NBA. En 1978, traballou como asistente en Philadelphia 76ers, axudando ao adestrador Billy Cunningham. O 9 de maio de 2009 Chuck Daly faleceu por mor dun cancro de páncreas, diagnosticado tres meses atrás.

Traxectoria

AnoEquipoBalancePlayoff
1981-82Cleveland9-32Non
1983-84Detroit49-332-3
1984-85Detroit46-365-4
1985-86Detroit46-361-3
1986-87Detroit52-3010-5
1987-88Detroit54-2814-9
1988-89Detroit63-1915-2*
1989-90Detroit59-2315-5*
1990-91Detroit50-327-8
1991-92Detroit48-342-3
1992-93New Jersey43-392-3
1993-94New Jersey45-372-3
1997-98Orlando41-41Non
1998-99Orlando33-171-3
Total 14 tempadas638-43775-51
*Gañado anel da NBA.

Notas

  1. "Former Pistons coach Chuck Daly dead at 78". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2009. Consultado o 13 de abril de 2010.

Véxase tamén

Ligazóns externas