Carmen García Maura, coñecida por Carmen Maura, nada en Madrid o 15 de setembro de 1945, é unha actriz española.

Traxectoria

Nada no barrio de Chamberí en Madrid, é sobriña-neta do político Antonio Maura e tataraneta do gravador Bartolomé Maura.[1] Na súa infancia era veciña de Edgar Neville e Conchita Montes.

Comezou a actuar no Teatro Español Universitario, onde a viu o crítico Alfredo Marquerie, que lle aconsellou que se dedicase profesionalmente á interpretación. A pesar de non contar co apoio da súa familia traballou en cafés-teatros e en pequenos papeis na televisión.

A finais dos anos setenta consegue os seus primeiros protagonistas no cinema, en filmes de Fernando Colomo. En 1977, actuando no teatro coñece a Pedro Almodóvar, co que comeza unha grande amizade e co que rodaría varios filmes. Estes filmes son os que levarán á Maura á fama nos anos oitenta.

Nos anos noventa, tras romperse a súa relación con Almodóvar, seguiu traballando con directores como Saura, ademais de comezar unha carreira internacional, especialmente en Francia, chegando a gaña un premio César en 2010.

Filmografía parcial

Televisión

Galardóns e nomeamentos

AnoCategoríaFilmeResultado
2008Mellor actrizO menor dos malesNomeada

Véxase tamén

Ligazóns externas

IMDb


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. Cedillo, J. (2018). "Los Maura: una estirpe de intelectuales con espíritu independiente". En El Cultural (Elespanol.com). 13 de agosto.