William Charles Fitch, nado en Davenport, Iowa, o 19 de maio de 1932 e finado en Lake Conroe, Texas, o 2 de febreiro de 2022,[1] foi un adestrador profesional de baloncesto da National Basketball Association (NBA). Foi incluído entre os "dez mellores adestradores da historia da NBA" en 1996.[2]

Traxectoria

Antes de pasar á profesionalidade, adestrou a Universidade de Minnesota, Bowling Green State, Universidade de Dacota do Norte, e a súa alma máter, Coe College.[2]

Fitch é o quinto adestrador con máis vitorias na historia da NBA, con 944, pero tamén é segundo no apartado das derrotas, con 1106, detrás de Lenny Wilkens. Recibiu en dúas ocasións o premio ao Mellor Adestrador do ano (1976 e 1980), e guiou a Larry Bird, Kevin McHale, Robert Parish e os seus Boston Celtics ao anel de 1981 ante Houston Rockets por 4-2. Tras deixar Boston, dirixiu aos Rockets de Hakeem Olajuwon e Ralph Sampson, aos que levou ás Finais de 1984, perdéndoas ante o seu exequipo. Fitch tamén adestrou a Cleveland Cavaliers, New Jersey Nets e Los Angeles Clippers.

Equipos

Notas

  1. Robb, Brian (3 de febreiro de 2022). "Bill Fitch dies: Coach of Celtics' 1981 championship team was 89". masslive.com. Consultado o 3 de febreiro de 2022.
  2. 1 2 "Bill Fitch, Basketball Hall of Famer who led Celtics to NBA title, dies at 89". The Athletic. 3 de febreiro de 2022. Consultado o 3 de febreiro de 2022.

Véxase tamén

Ligazóns externas