Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bari (homónimos).

Bari é unha cidade de Italia, capital da provincia de Bari e da rexión de Puglia. Localízase na costa do mar Adriático. En 2009 tiña 320.150 habitantes, uns 700.000 na área urbana e un 1 200 000 na área metropolitana.
Historia
Bari estivo habitada polo menos desde a Idade de Bronce e medrou baixo o dominio dos peucetios. Na época romana, que comezou no 326 a. C. cando se aliou con Roma, era un porto, encrucillada entre a estrada costeira e a Vía Traiana que os romanos converteron en municipium. Entre 840 e 870 estivo en poder dos musulmáns, ata que foi conquistada polos bizantinos e a cidade se converteu no centro principal italiano do Imperio de Oriente. En 1071 a cidade pasou a poder dos normandos.
Evolución demográfica

Cidade irmás
Bari está irmandada coas seguintes cidades:
Guangzhou desde 1986
Mar del Plata desde 2001
Corfú desde 2006
Banja Luka desde 2007
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial de Bari Arquivado 05 de setembro de 2008 en Wayback Machine. (en italiano)