Abaurregaina (en éuscaro) ou Abaurrea Alta (en castelán), oficialmente Abaurregaina/Abaurrea Alta, é un concello español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na bisbarra de Auñamendi, no val de Aezkoa e a 70 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 136 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 21,36 km² e a súa densidade de poboación é de 6,37 hab/km².

Toponimia

O nome da localidade provén de Abaurre(a) + -gain(a) (de enriba), aínda que na comarca do Val de Aezkoa pronúnciase como Aburregeina. Este nome é cooficial dende a década de 1980 con Abaurrea Alta.

Demografía

Evolución demográfica
19961998199920002001200220032004200520062007
192185171167164160156157150147142
Fontes: Abaurregaina/Abaurrea Alta e Instituto de Estatística de Navarra

Xeografía

É o concello situado a maior altitude na provincia de Navarra, a 1039 msnm. Por mor da súa grande altitude, as temperaturas son cambiantes, con temperaturas de até –22 °C en inverno e máximas de 37 no verán.

Administración

Lista de alcaldes
MandatoNome do alcaldePartido político
2003-2007Rafael Ordóñez IriarteIndependente
2007-Rafael Ordóñez IriarteIndependente

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas