Principios
Agir defendeu un ensino público, en galego, non patriarcal, democrático e de calidade. Loitaba contra a privatización e por un ensino pensado para Galiza e en galego, en contra do machismo nas aulas. Estivo ligado a Nós-UP.
O órgano central e básico de Agir foron os distintos Comités de centro de cada facultade ou centro de secundaria no que tiñan presenza.
Disolución
Tras actuaren conxuntamente durante dous anos con Comités e a Liga Estudantil Galega, en setembro de 2015, organizáronse unha Asembleas de base con idea de acadar unha confluencia entre as tres organizacións.[1] Finalmente, nunha Asemblea Nacional Constituínte celebrada o 5 de marzo de 2016 no Colexio de Fonseca de Santiago de Compostela,[2] as tres organizacións estudantís acordaron a súa disolución e a creación dunha nova asociación estudantil nacionalista, tanto para o ensino secundario como para o universitario, chamada Erguer-Estudantes da Galiza.[3][4]
Notas
- ↑ A., D. (2-9-2015). "Comités, Liga e Agir lanzan 'Asembleas de Base' cara a unha organización estudantil única". sermosgaliza.gal. Consultado o 16-10-2019.
- ↑ Rodil, Olalla (4-3-2016). "O movemento estudantil nacionalista únese". sermosgaliza.gal. Consultado o 16-10-2019.
- ↑ Obelleiro, M.; Ares, D. (6-3-2016). "Nace Erguer, a organización que une o estudantado nacionalista". sermosgaliza.gal. Consultado o 16-10-2019.
- ↑ Pérez, María (4-4-2016). "Unidos por la lucha de los derechos estudiantiles". elcorreogallego.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16-10-2019. Consultado o 16-10-2019.