AGILE (acrónimo de Astro‐rivelatore Gamma a Immagini LEggero) é un observatorio espacial de raios gamma e raios X da Axencia Espacial Italiana lanzado o 23 de abril de 2007 mediante un foguete PSLV desde o Centro Espacial de Sriharikota.[1][3][5]
Características
AGILE é un observatorio espacial adicado á observación astronómica en lonxitudes de onda de raios X e raios gamma. O deseño, desenvolvemento e construción do satélite foi dirixido por Carlo Gavazzi Space en colaboración con varias institucións industriais e de investigación.[1][3]
É o primeiro satélite non indio lanzado como carga principal por un PSLV, e ademais da instrumentación científica leva a bordo o sistema de comunicación Rubin 6 para enviar datos a través da constelación de satélites Orbcomm.[1]
Instrumentos
Notas
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "AGILE" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2012.
- 1 2 3 4 5 "AGILE en REAL TIME SATELLITE TRACKING" (en inglés). 2011. Consultado o 17 de xuño de 2011.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 NASA (4 de novembro de 2011). "AGILE" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 11 March 2008 from the Permanent Mission of Italy to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (08-54001 (E)): 2. 29 de maio de 2008. Consultado o 20 de marzo de 2012.
- 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "AGILE" (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2012.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Páxina oficial de AGILE Arquivado 24 de febreiro de 2013 en Wayback Machine.