A AC-413[1][2] (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades de Ordes e Carballo; atravesa os concellos de Ordes, Cerceda, Tordoia e Carballo. Ten unha lonxitude de 27,38 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa DP-5903 no oeste de Ordes e finaliza nun cruzamento coa DP-1905 en Carballo.
Notas
- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.